Arte de Traducir
María Fe González Fernández
María Fe González Fernández
Tradutora literaria
Son unha tradutora literaria. Nacín en Lugo, en 1971, e formeime na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtiven a licenciatura en Filoloxía Inglesa, realizando despois estudos de doutoramento na Universidade de Vigo. Levei a cabo estudos de alemán no Centro de Linguas Modernas da USC
Dende hai anos, dedícome profesionalmente á tradución de obras literarias, principalmente do inglés ao galego e castelán, aínda que tamén teño realizado algunhas versións do alemán ao galego e castelán e bastantes outras do galego ao castelán e viceversa.
Nos meus traballos tento preservar sempre a intención autorial, prestando especial atención tanto á mensaxe coma á estética dos textos.
Tiven a fortuna de traducir novelas, relato, poesía, teatro, álbums infantís e ensaio da máis variada natureza, mais tamén outras obras técnicas e científicas, ámbitos todos nos que ofrezo os meus servizos como profesional.
Tras anos de experiencia, continúo a ter a mesma ilusión por lograr a mellor tradución posible para cada texto ao que me enfronto. Oxalá siga habendo moitos e os retos tradutores medren. Nesta páxina tes o meu email e o número telefónico, por se é do teu interese contactarme. Será un pracer colaborarmos nun novo desafío tradutor e literario.
Como traballo?

Preparación
Procedo a unha investigación detallada da produción da escritora ou escritor a traducir, co fin de contextualizar axeitadamente a tradución e conseguir que dialogue co macrotexto autorial.

Documentación
Investigo sobre a obra a traducir, a súa ecdótica, circunstancias editoriais, recepción e valoración crítica, tentando sempre coñecer a fondo todos os aspectos intra e extraliterarios que a definen e conseguir, así, trasladala do modo máis fiel posible.

Tradución
Á hora de traducir, o desafío consiste en atopar o ton e o ritmo que mellor harmonizan, creando un diálogo especular entre a lingua de partida e a de chegada, de maneira que o resultado final sexa de absoluta transparencia e a única voz que se escoite no texto sexa a da autora ou autor traducido, tras da que ha de estar, apenas insinuada, a da tradutora.

Revisión
Todos os textos traducidos son sometidos a un proceso de revisión e corrección ortotipográfica e editorial exhaustivo, asegurando que o produto final responda a unha execución profesional de alta esixencia e rigor.
O QUE TEÑEN DITO DOS
meus traballos
A identidade da persoa encargada de traducir Oroonoko é tamén digna de mención. María Fe González é unha experta profesional con ampla experiencia na tradución literaria, principalmente do inglés ao galego. Das súas mans saíron excelentes versións na nosa lingua de obras tan interesantes como: Polos mares do sur, de Jack London; Vindicación dos dereitos da muller e Mary, de Mary Wollstonecraft; A idade da inocencia, de Edith Wharton; A dama solitaria e Fantomina, de Eliza Haywood; e Apoloxía dos ociosos de R.L. Stevenson (2011), entre outras. Trátase dunha tradutora que traballa con moito rigor e coidado, e ten unha boa capacidade de comprensión e apreciación das complexidades e sutilezas literarias, que amosan unha sólida formación filolóxica detrás e un gusto especial pola linguaxe e a cultura. A súa tradución de Oroonoko deixa ver todas estas calidades e, na miña modesta opinión, supera nalgunhas cuestións ás publicadas en castelán ata o momento. E isto ten un mérito especial de termos en conta as dificultades que o texto orixinal presenta á hora de ser lido, traducido e preparado para a súa publicación (Da recensión crítica de Jorge Figueroa Dorrego en Viceversa, revista oficial da Facultade de Tradución da Universidade de Vigo).
Oroonoko de Aphra Behn presenta unha acaída tradución, polo que a súa edición galega resulta un acerto que admite pouca discusión (Do blog Caderno da Crítica de Ramón Nicolás).
Que ofrezo se
traballamos xuntos?
Clientes satisfeitos
Traducións Literarias
Se desexas trasladar unha obra escrita en inglés, castelán ou alemán, contacta comigo.
Será un pracer colaborarmos.
Arte de Traducir
María Fe González
Traduzo obras literarias do inglés e alemán ao galego e ao castelán. Tamén traslado obras do castelán ao galego e viceversa.
Sección Xurídica
Aviso Legal
Política de Cookies
Política de Privacidade
Declaración de Accesibilidade