Arte de Traducir
María Fe González Fernández
En que linguas traballo?
Fago traducións literarias dos seguintes idiomas:
IDIOMAS ORIXINAIS
IDIOMAS AOS QUE TRADUZO
Que textos traduzo?
Fago traducións literarias de:

NOVELAS

RELATOS

POEMARIOS

ENSAIOS

ÁLBUMS INFANTÍS

TEATRO
Tamén traduzo obras técnicas e especializadas previo acordo.
Como traballo?

Recibo a proposta de tradución coa información precisa arredor desta e o orixinal a traducir.

Acordamos os termos da colaboración e asinamos un contrato.

Documéntome sobre o texto a traducir e a autora ou autor.

Elaboro a tradución e entrégoa no prazo acordado.

Cando a editorial me remite as probas, revísoas e corríxoas tantas veces como ambas partes estimemos precisas para asegurar o óptimo resultado final.

De ser preciso, e sempre que o contratante estea interesado, colaboro na tradución de paratextos de publicitación e participo da campaña promocional do libro traducido.

Ofrezo o meu asesoramento para calquera cuestión relacionada co traballo traducido.
Que é o que fai diferentes as miñas traducións?
Titulación especializada
A miña formación en Filoloxía Inglesa, tanto a nivel de licenciatura (USC) coma de estudos de doutorado (Uvigo), o coñecemento en Alemán a través da titulación expedida polo Centro de Linguas Modernas (USC), así como a experiencia no pasado como docente na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e como investigadora no eido literario no Centro Ramón Piñeiro (Xunta de Galicia), aseguran o coñecemento idóneo para o labor tradutor.
Profesionalidade e Rigor
Aseguro en cada traballo o máximo de profesionalidade, servíndome das fontes documentais e lexicográficas máis fiables e actualizadas, consultando colegas especializados cando o traballo o require.
Ampla experiencia
Case tres décadas de experiencia, ducias de traducións e máis de medio cento de clientes satisfeitos son o aval á hora de responsabilizarse de novas encargas.
Resposta rápida e cumprimento dos prazos
Cada proposta é respondida con dilixencia e comprometo a entrega do traballo nos prazos acordados, con pulcritude e eficiencia.
Traducións Literarias
Se desexas trasladar unha obra escrita en inglés, castelán ou alemán, contacta comigo.
Será un pracer colaborarmos.
Arte de Traducir
María Fe González
Traduzo obras literarias do inglés e alemán ao galego e ao castelán. Tamén traslado obras do castelán ao galego e viceversa.
Sección Xurídica
Aviso Legal
Política de Cookies
Política de Privacidade
Declaración de Accesibilidade